O medo e a ignorancia grandes males da humanidade
"Dous anos despois sigo coma mestre no pobo da Nada (...) Este ano preferín empezar as clases contándolhes un conto.
-Hoxe non imos nin ler nin escribir. Falaremos, dialogaremos, como fan os vosos avós cando se sentan baixo á arbore. Vou facervos unha pregunta a xeito de adivinha. Pensade ben antes de responder. Que credes que é para vós o peor do mundo? É dicir, o que provoca as desgrazas, destrúe á xente e converte aos homes en agresivos e perigosos (...)
-A morte!
-No, a morte é a fin natural de calquera vida. Cando ela chega, nós marchamos. E se seguimos aquí é porque ela aínda non chegou. A morte non é algo malo nin bon. É o que é, e mais nada. A morte dun ser querido é intolerável, mas non é o peor do mundo aínda que non poidamos evitala.
-A enfermidade!
-A enfermidade pode ser terrível e provocar un sufrimento insoportável, mas tamén pode curarse. A medicina e a ciencia non deixan de progresar.
-A fame!
-Si, mas non é unha fatalidade. (...) Poden facerse moitas cousas contra a fame. No noso povo hai sequía. Mas tamén sabemos que os países ricos envían á capital milho e arroz, e a nós esa axuda non nos chega. A fame é algo horrível e intolerável, mas ten solución.
-Por que o milho e o arroz que envían os países ricos non nos chega?
-Porque o ser humano é egoísta e inxusto. Dicide, pois, que é o peor do mundo...? (...)
-O peor do mundo é a guerra!
-Si, mas hai algo que a provoca, que a crea, que a estende...
-O odio!
-Non é dabondo; podemos odiar sen necesidade de desencadear unha guerra. Non todos os soldados odian ao inimigo. O odio é un sentimento malo, a miúdo fai dano, é a outra vertente do amor.
-O medo!
-O medo é humano. Non é agradábel, mas non é o peor do mundo. (...)
-A escravitude!
-Si, o peor do mundo autoriza a escravitude, forma parte dela. Como vos dixen hai tempo, xa non existe, foi abolida no mundo aínda que subsiste doutra forma. Lembrádesvos da fábrica de zapatos?
-A inxustiza!
-Forma parte desa cousa horrível....
-A traizón!
-Tamén é consecuencia do peor do mundo...
-A mentira!
-Por aí, por aí é por onde empeza. Xa case acertastes.
-A maldade!
-Coa maldade ocorre como coa traizón. Un é malo porque esa cousa horríbel empúxanos a iso.
-Roubar!
-É un vicio, é como a enfermidade, mas cúrase... ou castígase.
-O racismo!
-Quente, quente! O racismo baséase niso para se manifestar.
-A estupidez!
-Non, un pode non ser intelixente e, poren, non ten por que ser racista nin malo.
-Entón, senhor, que é o peor do mundo? preguntan todos á vez.
-O peor do mundo non é a morte, nin a enfermidade, nin o medo, senón a ignorancia. (...) A ignorancia é a nai de todos os males. (...) A ignorancia a miúdo vai acompanhada de arrogancia e fanatismo...
-Que é arrogancia e fanatismo?
-A arrogancia é a insolencia, a pretensión e o desprezo. Arrogante é quen esixe, con forza e insistencia, algo que non lhe corresponde, que non lhe pertence. É propria dos ignorantes que cren sabelo todo. Non duvidan senón que afirman con firmeza calquera cousa, son fanáticos, é dicir, xente que non acepta mais ideas que as deles...
Os meus alumnos míranme, sorprendidos, como se agardasen novas revelacións.
-A ignorancia é a que frea o conhecemento, impide o desenvolvemento da curiosidade, afasta aos homes, crea fronteiras e provoca catástrofes, como a guerra, as matanzas, o racismo.
Alguén ergue a man; é Aicha:
-Eu creo que o peor do mundo é non ocuparse da xente, non ir velos, non falar con eles nin axudalos..., deixalos sós, coma o noso povo ao que ninguén quere vir.
-Iso chámase indiferencia.
-Indiferencia, unha palabra nova que porei xunto a ignorancia."
Nachetez pas la sang des enfants, de Tahar Ben Jelloun en dias estranhos
Abu Mazen será o primeiro dirixente palestino que nunca vestíu un traxe militar nin nunca empuñou unha arma.
1 comentario
Jiménez Espantos -
Debería poner más empeño en empezar a pensar más por sí mismo que en seguir las consignas de tanto gurú facharrojo e islamoprogre.